lunes, 4 de junio de 2018


OS ESPANTALLOS DO RÍO BARBEIRA, CONCELLO DE A LAMA.

Chega a primaveira e ao longo do Río Barbeira, veciños e alumnos dos colexios póñense mans a obra e elaboran espantallos, que van instalando ao longo do cauce do Río Barbeira.
Comeza a Ruta dos espantallos nas inmediacións da Praia Fluvial de A Lama, segue ata a aldea de O Peso para rematar na de San Lourenzo. 
O paseo é moi agradable e durante todo o traxecto vaste atopando cos espantallos que son do máis variopinto. 
Na actualidade están en desuso e resulta moi raro atopalos nas fincas. Aínda que os que utilizaban os nosos avós non eran tan divertidos.
Gracias a esta iniciativa veciñal volven a estar presentes nos campos e evitan que este costume tan tradicional desapareza.
Aínda estades a tempo de facerlles unha visita. 





CONCELLO DE A GOLADA No Concello Pontevedrés de A Golada hai un mercado medieval perfectamente conservado que non se pode deixar de vis...